INVITACIÓN

 

SECCIÓN VI DA ACADEMIA DE FARMACIA DE GALICIA

SESIÓN CIENTÍFICA: DESABASTECEMENTO DE MEDICAMENTOS: ¿ESTÁ A REPERCUTIR NA SAÚDE DOS PACIENTES?

MÉRCORES 3 DE ABRIL DE 2018 ÁS 7 DA TARDE

SALÓN DE GRAOS DA FACULTADE DE FARMACIA DE SANTIAGO

PROGRAMA:

  • D. LUÍS AMARO CENDÓN, Vicepresidente CONGRAL e Académico Correspondente AFG.
  • D. JESÚS SUEIRO JUSTEL, Vocal da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).
  • D. XESÚS MANUEL BALEA FILGUEIRAS, Subdirector Xeral de Farmacia, Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia.
  • D. EMILI ESTEVE SALA, Director do Departamento Técnico de Farmaindustria.

 

A sesión rematará cun coloquio

Moderador: Dr. N. Floro Andrés Rodríguez. Académico de Número AFG.

 

RESUMO:

O desabastecemento e a falta de medicamentos que está a afectar desde hai anos a España, podería converterse nun problema de saúde pública. Neste sentido, tanto a Agrupación Europea ( PGEU) como a Federación Internacional Farmacéutica (FIP) definiron o problema á vez que ofreceron recomendacións para minimizar o seu impacto.

A información proporcionada pola AEMPS non sempre coincide coa realidade das farmacias e os medicamentos que están en falta nos distribuidores, tal e como se demostrou coa información do Centro de Información sobre a Subministración de Medicamentos ( CISMED).

Ao tratarse dun problema multifactorial, pódese dicir que non hai unha única causa para o desabastecemento senón que son diversas, entre outras, a concentración da produción de principio activo nun número reducido de plantas, os problemas na fabricación de medicamentos, a escaseza de materia prima, as políticas de continuas e insustentables baixadas de prezos dos medicamentos ou o incremento puntual da demanda.

A situación chegou aos medios de comunicación e aos pacientes, que empezan a mostrar a súa preocupación, polo que parece oportuno analizala nunha Sesión da Sección VI, co obxectivo de profundar no seu estado actual desde os diversos puntos de vista e por expertos nas correspondentes áreas.