A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de convidalo ao acto de toma de posesión como Académico Correspondente do Dr. D. Antonio R. Martínez Fernández, que terá lugar o vindeiro mércores, 8 de outubro, ás 19 horas, na sede da RAFG, no Antigo Hospital de San Roque.
Antonio R. Martínez Fernández pronunciará o discurso de ingreso titulado “Trichinella SPP: 40 anos de trato intermitente”. A presentación correrá a cargo do Académico de Número Emérito Ilmo. Dr. D. José María Calleja Suárez.