Símbolos
A Real Academia de Farmacia de Galicia identificarase mediante os seguintes símbolos:
Unha medalla configurada cun óvalo gravado no anverso e o reverso.
O anverso vai orlado pola lenda «Real Academia de Farmacia de Galicia», coas letras en ouro sobre fondo azul escuro. O núcleo, sobre fondo morado, inclúe o emblema tradicional da Farmacia, composto pola copa de Hygea e unha serpe enroscada, en metal dourado. Pola súa vez, este conxunto está orlado por unha póla de carballo á esquerda e outra de loureiro á dereita, en cor verde clara.
O reverso componse dun óvalo de cor azul celeste, cun cáliz e unha hostia acompañados de sete cruces en ouro, tres a cada lado e unha no centro do xefe, en alusión ao escudo oficial de Galicia.
Un escudo, reproducido como timbre en toda a súa correspondencia e documentación oficial, que repite o anverso e o reverso da medalla.
Unha insignia configurada por un óvalo orlado coa lenda «Real Academia de Farmacia de Galicia» coas letras en ouro sobre fondo azul escuro. O núcleo, sobre fondo azul celeste, inclúe o emblema tradicional da Farmacia e seis cruces, tres a cada lado, todo iso en metal dourado. Pola súa vez, este conxunto está orlado por unha póla de carballo á esquerda e outra de loureiro á dereita, en cor verde clara.
Lema
Fons Artis Sanandi
Manancial da arte de sandar
Inscripción sobre Copa de Farmacia realizada pola Real Fábrica de Sargadelos no século XIX para a Farmacia do Hospital Real de Santiago de Compostela.
Reprodúcese nos distinto escritos e carteis da Real Academia.