A Real Academia de Farmacia de Galicia e a Real Academia de Medicina de Galicia celebrarán unha sesión conxunta dedicada á fragilidade no envellecemento, un tema de especial interese e relevancia no ámbito da saúde e da atención ás persoas maiores.

O encontro terá lugar o martes 24 de novembro de 2026, ás 19:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela.

A sesión contará coa participación de destacados especialistas, que abordarán diferentes aspectos da fraxilidade:

  • “Fraxilidade: definición, sintomatoloxía e implicacións clínicas”, a cargo da Dra. Vanessa Valdiglesias García, profesora titular de Xenética da Universidade da Coruña.
  • “Factores de risco e desenvolvemento de biomarcadores de fraxilidade”, a cargo da Dra. Blanca Laffon Lage, catedrática de Psicobioloxía da Universidade da Coruña.
  • “Fraxilidade e cognición”, a cargo da Dra. Laura Lorenzo López, profesora titular de Medicina da Universidade da Coruña.

A introdución correrá a cargo dos presidentes de ambas as institucións, o Dr. Ángel Concheiro Nine e o Dr. Francisco Martelo Villar.

Pódese consultar aquí a invitación ao acto:  CONSULTAR INVITACIÓN

Segue a sesión en directo a través de YouTube: VER A EMISIÓN EN DIRECTO

Previous articleO rei Felipe VI entrega os Premios Nacionais de Investigación 2026 a Carmen Álvarez Lorenzo e Ángel Carracedo Álvarez