A Real Academia de Farmacia de Galicia convoca o XIII Premio Julián Francisco Suárez Freire para Mozas e Mozos Investigadores patrocinado por BIDAFARMA e COFANO, destinado a recoñecer e impulsar o talento investigador novo no ámbito do medicamento.
O premio está dirixido a investigadores nados con posterioridade ao 31 de decembro de 1990 que teñan publicado, como primeiros asinantes, un traballo orixinal realizado total ou parcialmente nunha institución galega e relacionado co medicamento, desde as súas fases temperás de investigación e desenvolvemento (I+D) ata a cadea de distribución.
A solicitude e documentación completa remitirase por correo electrónico á dirección: secretaria@academiadefarmaciadegalicia.gal.
El plazo de pressentación de solicitudes finaliza el día 31 de diciembre de 2026.

