A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de convidalo á sesión pública que tera lugar o mércores, 25 de febreiro, ás 18:30 horas na súa sede en Santiago de Compostela (Antigo Hospital de San Roque) co gallo da toma de posesión do Académico de Número Dr. D. Carlos Crespo Diz, quen pronunciará o discurso “A excepcionalidade terapéutica na práctica farmacéutica hospitalaria, medicamentos en situación especial“. O discurso de contestación correrá a cargo do Académico de Número Emérito Ilmo. Dr. D. Isaac Gabriel Arias Santos.
Enlace para seguir online a través da nosa canle de Youtube.
