Con motivo da celebración do Día Mundial do Farmacéutico 2026, a Real Academia de Farmacia de Galicia organiza un acto institucional e científico que terá lugar o vindeiro 25 de setembro, a partir das 18:30 horas, baixo o lema promovido pola Federación Internacional Farmacéutica: “Empoderar aos farmacéuticos para un futuro máis saudable”.
Este encontro pretende poñer en valor o papel esencial dos profesionais da farmacia na protección da saúde pública, así como reflexionar sobre os retos e oportunidades da profesión nun contexto marcado pola innovación, a seguridade dos medicamentos e a atención ás necesidades da cidadanía.
Programa
18:30 h – Apertura do acto
Dr. Antonio I. González Bueno, Académico Correspondente electo da Real Academia de Farmacia de Galicia, Académico Numerario da Real Academia Nacional de Farmacia e catedrático de Historia da Farmacia da Universidade Complutense de Madrid.
Conferencia: «José Casares Rodríguez, farmacéutico».
Dr. Manuel Ibarra Lorente, xefe do Departamento de Inspección e Control de Medicamentos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios.
Conferencia: «Integridade da cadea farmacéutica: medidas fronte aos medicamentos falsificados na Unión Europea».
Dr. Ángel Concheiro Nine, presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia.
O acto poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da Real Academia de Farmacia de Galicia.
