Os académicos de número da Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG) Ángel Carracedo e Carmen Álvarez Lorenzo foron distinguidos con cadanseu Premio Nacional de Investigación 2026, concedidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
A profesora Carmen Álvarez Lorenzo, académica de número e secretaria da RAFG, foi galardoada co Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera, na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra, en recoñecemento á súa destacada traxectoria investigadora no ámbito da ciencia dos materiais biomédicos.
Pola súa banda, o profesor Ángel Carracedo recibiu o Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón, na área de Medicina e Ciencias da Saúde, pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e da xenómica.
Os Premios Nacionais de Investigación constitúen o principal recoñecemento que concede anualmente o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a investigadores e investigadoras cunha destacada traxectoria científica en España.

