Institución
Antecedentes
Creación
XUNTA DE GALICIA-Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública
Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia
Artigo 1º Créase a Academia de Farmacia de Galicia que se rexerá polos estatutos que figuran como anexo a este decreto
Artigo 2º A Academia de Farmacia de Galicia queda adscrita á Consellería de Sanidade
Os fins da Academia de Farmacia de Galicia son:
–” O fomento da investigación e estudo das ciencias farmacéuticas e das ciencias relacionadas coa farmacia.
–” Asesoramento aos órganos públicos oficiais naqueles campos que lle son propios.
–” Asesoramento ás institucións privadas que llo solicitan, baixo as condicións que a propia Academia considere convenientes.
–” Elaboración de estados e informes sobre materias relacionadas coa profesión farmacéutica e as súas actividades.
–” Fomento das relacións con outras institucións análogas.
–” Creación e conservación de fondos materiais e documentais relacionados coa docencia, a investigación e a profesión farmacéutica.
–” Divulgación científica e formación permanente dos profesionais da farmacia.
–” Recoñecemento mediante premios, diplomas ou distincións das actividades que redunden en beneficio da farmacia e da propia Academia.
Artigo 4º. Estatutos dá Academia de Farmacia de Galicia. Decreto 156/2004,do 1 de xullo, polo que se acorda a creación dá Academia de Farmacia de Galicia.
O Lema: ”Fons Artis Sanandi”
Manantial de Profesionalidade Sanitaria.
Representado sobre un botamen de farmacia reprodúcese nos diferentes escritos desta institución.
Sede (Artigo 2º Estatutos AFG)
A Academia de Farmacia de Galicia ten a súa sede no Antigo Hospital de San Roque, rúa San Roque nº 2, Santiago de Compostela
Adscripción administrativa (Artigo 3º Estatutos AFG)
A Academia de Farmacia de Galicia queda adscrita á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.