5 de abril de 2018  

A Academia de Farmacia de Galicia celebrou o xoves 5 de abril ás 19 horas, na súa sede do Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela o ingreso como Académica Correspondente da Profesora Dra. María José Blanco Prieto, Catedrática da Facultade de Farmacia e Nutrición da Universidad de Navarra. No transcurso do acto protocolario pronunciou o discurso de ingreso titulado “APLICACIÓN DE LA NANOMEDICINA AL TRATAMIENTO DE CÁNCERES INFANTILES. O discurso de presentación correu a cargo da Académica de Número Profesora Dra. María José Alonso Fernández.

Acto académico de Toma de Posesión da Dra. María José Blanco Prieto como Académica Correspondente na Academia de Farmacia de Galicia

 

Prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/04/06/span-langglavanzamos-farmacos-toxicos-mais-eficaces-cancrospanspan-langglmaria-spanjosespan-langgl-spanblancospan-langgl-spanspan-langgldocente-investigadora-span/0003_201804S6C12992.htm

http://ocio.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/maria-jose-blanco-prieto-ingresa-academia-farmacia-galicia/idEdicion-2018-04-06/idNoticia-1108628/

https://www.actasanitaria.com/blanco-prieto-galicia/

 

RESUMEN DO DISCURSO DE INGRESO

APLICACIÓN DE LA NANOMEDICINA AL TRATAMIENTO DE CÁNCERES INFANTILES

Os protocolos de quimioterapia para cancros infantís xeran unha problemática que está ligada principalmente á alta toxicidade asociada aos axentes antitumorais xunto cunha incorrecta extrapolación con respecto ás doses utilizadas en adultos. A ineficacia e toxicidade severa dalgúns destes tratamentos puxeron de manifesto a falta de consenso existente na abordaxe dos cancros pediátricos máis prevalentes (tumores do tecido muscular esquelético, tumores cerebrais, cancros embrionarios, cancros hematológicos, etc).
En adultos, a nanotecnoloxía demostrou a capacidade de reducir considerablemente a toxicidade de compostos antitumorais. Esta mellora no índice terapéutico converte á nanomedicina nunha sólida alternativa á quimioterapia convencional, tal e como reflicten os nanomedicamentos xa comercializados. Con todo e a diferenza do que ocorre en adultos, a ausencia de nanomedicamentos para o tratamento de cancros pediátricos esperta a día de hoxe un debate médico e social. No discurso de ingreso destacase o estado actual da nanomedicina no tratamento de cancros pediátricos, ademais dos desafíos e oportunidades clínicas que estes novos medicamentos presentan.

 

RESUMEN DO CURRÍCULUM VITAE

A Dra. María José Blanco Prieto é catedrática da Facultade de Farmacia e Nutrición da Universidad de Navarra. É licenciada en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola Université de Paris- Sud de Francia. Tras o doutoramento, realizou unha estancia postdoctoral de 3 anos no prestixioso ETH (Escola Politécnica Federal de Zúric, Suíza).
Na súa traxectoria, a Dra. María José Blanco centrou a súa investigación na área da nanomedicina e os sistemas de liberación controlada de fármacos, onde traballou no deseño e desenvolvemento de micro e nanopartículas de distintos tipos para a súa aplicación no tratamento de cancro, enfermidades cardiovasculares e neurodegenerativas.
A Dra. María José Blanco é autora de máis de 115 artigos en revistas científicas, 5 patentes, 16 capítulos en distintos libros especializados e máis de 160 comunicacións en congresos, moitas delas como relatora convidada. Dirixiu ou dirixe 17 Tese Doutoral e foi investigadora principal de 29 proxectos de investigación. Desenvolve labores como experta para a Comisión Europea na área de nanomedicina e é así mesmo evaluadora de proxectos de investigación en diversos organismos nacionais e internacionais. É membro do comité editorial de varias revistas científicas, entre elas Cancer Letters, e é académica correspondente da Academia Nacional de Farmacia de Francia. A súa investigación recibiu varios premios de entidades tanto nacionais como internacionais.
Previous articleIngreso Académica Correspondente Profa. Dra. María Blanco Prieto
Next articleSesión Científica: ACTUALIZACIÓN EN FARMACOTERAPIA, COMPETENCIA MICROBIANA E VACINAS