• A través da Consellería de Sanidade, que achegará 30.000 euros para promover a organización de mesas de debate, publicacións, seminarios e accións con hospitais ou centros escolares.

O presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, Ángel Concheiro e o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, acaban de formalizar un convenio de colaboración para a realización de actuacións no ámbito do estudo e da investigación das ciencias farmacéuticas.

Así, a Xunta destinará 30.000 euros a subvencionar as actividades da Real Academia coas que difundir o coñecemento das ciencias farmacéuticas entre os profesionais sanitarios e tamén contribuír á educación sanitaria da poboación en xeral.

Entre as actividades a realizar até o 31 de decembro destacan sesións científicas coa participación de hospitais, universidades e outras reais academias, congresos e simposios, a convocatoria de premios de investigación, publicacións que contribúan ao incremento do patrimonio archivístico-bibliográfico no ámbito sanitario, mesas de debate, exposicións ou actividades en centros escolares. Ao acto de firma tamén asistiron a secretaría xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, e a vicepresidenta da Real Academia de Farmacia de Galicia, Mabel Loza.

Previous articleA RAFG celebra o Día Mundial del Farmacéutico destacando a importancia de fortalecer a saúde global desde o local
Next articleConvocatoria XI Premio Julián Francisco Suárez Freire para mozas e mozos investigadores patrocinado por BIDAFARMA e COFANO