Na Xunta Xeral da Academia de Farmacia de Galicia celebrada o día 3 de maio foi elixida a Dra. Alicia Estévez Toranzo Académica de Número (Medalla nº 4).
A Dra. Alicia Estévez Toranzo é Catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), dende 1991, onde codirixe o grupo de investigación en patoloxía de animais acuáticos (Grupo de Referencia Competitiva da Xunta de Galicia).