- A directora I+D de Biofabri -filial do grupo Zendal-, o catedrático de Biotecnología na Universidade de Pensilvania e o farmacéutico barcelonés foron elixidos académicos numeraria e correspondentes -respectivamente- nunha xuntanza da RAFG
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023.- A Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG) elixiu a unha nova académica numeraria e dous académicos correspondentes durante a súa última reunión. Trátase da Dra. María Eugenia Pontes Colorado, quen foi elixida Académica Numeraria e César de la Fuente Núñez e José Oriol Valls Planells, que ingresarán como Académicos Correspondentes. Desde a súa elección, os novos membros da RAFG contan cun ano para formalizar o seu ingreso nun acto que terá lugar sede da Real Academia, no antigo Hospital de San Roque.
Mª Eugenia Pontes Coloreado
A recentemente electa académica numeraria, María Eugenia Pontes Colorado, é licenciada e doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 incorporouse a Cooper Zeltia S.A. como xefa de desenvolvemento de produtos biolóxicos, empresa que posteriormente pasou a denominarse CZ Veterinaria e na que exerceu como directora do departamento de I+D e Rexistros. Desta última empresa naceu Biofabri, compañía biofarmacéutica, filial do Grupo Zendal, destinada á investigación, desenvolvemento e fabricación de vacinas de uso humano e da que é actualmente directora de I+D.
Eugenia Pontes xa formaba parte da RAFG desde 2009, ano en que ingresou como académica correspondente, pronunciando un discurso sobre “O desenvolvemento industrial do medicamento inmunolóxico veterinario”.
César de la Fuente Núñez
Uno dos novos académicos correspondentes electos é César de la Fuente Núñez, destacado científico e investigador no campo da bioloxía sintética e enxeñaría biolóxica. Actualmente, exerce de profesor na Universidade de Pensilvania en Estados Unidos. Estudou Biotecnoloxía na Universidade de León, realizou o seu doutoramento na Universidade de British Columbia en Canadá, e fixo unha estancia postdoctoral no Massachusetts Institute of Technology.
César de la Fuente Núñez é coñecido polo seu traballo innovador no desenvolvemento de novas ferramentas e enfoques para combater enfermidades, utilizando a bioloxía sintética e a intelixencia artificial. As súas investigacións céntranse na creación de novas terapias e medicamentos, en particular antibióticos útiles fronte a bacterias multirresistentes, e na enxeñaría de células que poidan actuar como fábricas de sustancias terapéuticas. O seu traballo foi recoñecido e premiado no campo da ciencia e a tecnoloxía por numerosas institucións internacionais.
José Oriol Valls Planells
Oriol Valls Planells é profesor da Universidade de Barcelona, experto en óptica, informática e técnicas instrumentais. É autor do libro “Técnicas Instrumentais en Farmacia e Ciencias da Saúde”, con varias edicións en España e diversos países de Iberoamérica.
Ademais do seu labor académico, investigador e asistencial, Oriol Valls desenvolveu unha intensa actividade na industria farmacéutica. Foi presidente da Asociación Profesional de Farmacéuticos Formuladores (Aprofarm) e membro da Xunta de Goberno do Colexio de Farmacéuticos de Barcelona. É Académico de Número da Real Academia de Farmacia de Cataluña e Académico