As Reales Academias de Farmacia e Medicina de Galicia celebraron este 20 de xuño unha sesión conxunta baixo o título “Impacto da Radiofarmacia en Galicia”. O evento tivo lugar na sede da RAFG, en Santiago de Compostela e contou coa presenza dos presidentes de ambas as institucións, Ángel Concheiro (RAFG) e Francisco Martelo (RAMG), con cuxas intervencións se abriu a sesión conxunta.
A continuación, tiveron lugar catro exposicións sobre o tema central do evento. A decana da Facultade de Farmacia da USC Reyes Lagoa abordou “A Radiofarmacia na USC”, mentres que a doutora Lucía Mª Díaz Pratas falou de “A Radiofarmacia en Galicia”.
Pola súa banda, as intervencións das doutoras Virginia Pubul e Lara García trataron sobre “A Radiofarmacia como motor do medicamento nuclear-imaxe molecular nos hospitais” e “A Radiofarmacia en preclínica”, respectivamente.