Santiago de Compostela, 31 de Xaneiro de 2018
A Academia de Farmacia de Galicia celebrou a Solemne Sesión Inaugural do Curso Académico 2018 o mércores 31 de xaneiro, ás 19 horas, na súa sede do Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. O acto presidido polo Académico Ilmo. Dr. D. Manuel Puga Pereira desenvolveuse coa seguinte orde do día:
Apertura do acto
-Lectura da memoria de actividades do ano 2017 pola Secretaria Ilma. Dra. Dna. Soledad Muniategui Lorenzo
-Lectura do discurso regulamentario: “TECNOLOXÍAS ADITIVAS EN MEDICINA REXENERATIVA: DAS PRÓTESES ÁS ANDAMIAXES” a cargo do Académico Ilmo. Dr. D. Ángel Concheiro Nine.
Discurso:
Entrega de Premios da Academia 2017
–Premio Antonio Casares Rodríguez patrocinado polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos galegos ao mellor expediente académico do grao en Farmacia-2017 da Universidade de Santiago de Compostela, otorgado á farmacéutica Dna. Iria Varela Rey.
– IV Premio Julián Francisco Suárez Freire patrocinado polas cooperativas farmacéuticas COFAGA e COFANO dirixido a investigadores menores de 35 anos que publicasen durante o ano 2017 un traballo orixinal realizado nunha institución galega sobre un tema relacionado co medicamento, foi concedido na súa cuarta edición á Dra. Noelia Martínez Sánchez.
Clausura do acto polo Presidente Ilmo. Dr. D. Manuel Puga Pereira