A Real Academia de Farmacia de Galicia ten a honra de convidalo á Solemne Sesión Necrolóxica en memoria da Ilma. Dra. D.ª María Tarsy Carballas Fernández, que terá lugar o vindeiro 6 de outubro, ás 19:00 h, na sede académica de Santiago de Compostela, no antigo Hospital de San Roque.

O acto contará con diversas intervencións académicas dedicadas á figura e traxectoria da Dra. Carballas, e será clausurado polo Ilmo. Dr. D. Ángel Concheiro, Presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia.

📄 Invitación

▶️ Retransmisión en directo a través de YouTube

Previous articleA Real Academia de Farmacia de Galicia reivindica o papel dos farmacéuticos para un futuro máis saudable