A Real Academia de Farmacia de Galicia, convoca o Premio Julián Francisco Suárez Freire para investigadores nados con posterioridade ao 31 de decembro de 1985 que teñan publicado, como primeiros asinantes, un traballo orixinal realizado total o parcialmente nunha institución galega, sobre un tema relacionado co medicamento desde as súas fases temperás de I+D á cadea de distribución.

A solicitude e documentación completa remitirase por correo electrónico á dirección [email protected]

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de decembro de 2021.

CONVOCATORIA

Previous articleMaría José Alonso – Premio Nacional Juan de la Cierva
Next articleConvocatoria II PREMIO PERFECTO FEIJÓO da Real Academia de Farmacia de Galicia