A Real Academia de Farmacia de Galicia celebrará o mércores 11 de maio ás 19 horas na súa sede do Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela, o acto de Entrega dos Premios da Academia 2021.

INVITACIÓN ACTO

ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DA REAL ACADEMIA DE FARMACIA DE GALICIA 2021

RESUMO DOS PREMIOS

PREMIO ANTONIO CASARES RODRÍGUEZ patrocinado polo Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia ao MELLOR EXPEDIENTE ACADÉMICO DO GRAO EN FARMACIA que finalizou os estudos no curso 2020/2021 na Universidade de Santiago de Compostela, conta cunha dotación económica de 600 euros e foi outorgado á farmacéutica IRIA CARRO MÉNDEZ.

VIII PREMIO JULIÁN FRANCISCO SUÁREZ FREIRE PARA MOZAS E MOZOS INVESTIGADORES patrocinado polas cooperativas farmacéuticas BIDAFARMA e COFANO, dirixido a investigadores menores de 35 anos que publicasen durante o ano 2021 un traballo orixinal realizado total e parcialmente nunha institución galega sobre un tema relacionado co medicamento desde as súas fases temperás de I+D ata a cadea de distribución e ten unha dotación económica de 3000 euros. 

Outórgase o PREMIO á investigadora MARÍA VIVEIRO LÓPEZ por un estudo no que presenta un sistema de prótese auditivas, fabricadas mediante impresión 3D, que incorpora por primeira vez un sistema de liberación de antibióticos, e que foi publicado na prestixiosa revista “Materials Science & Engineering  C” en 2021.

A investigadora galardoada pertence ao Grupo I+D Farma da Facultade de Farmacia e ao Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas –  IDIS de Santiago de Compostela. Ademais, colaboran investigadores do Departamento de Microbioloxía da Facultade de Bioloxía, do CIBUS da Universidade de Santiago de Compostela, e do Department of Pharmaceutics, UCL School of Pharmacy, University College London.

Ademais, concedeuse un ACCESIT DE EXCELENCIA ao investigador RUBÉN VARELA FERNÁNDEZ do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago e do Grupo  Paraquasil da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), no que desenvolve unha investigación multidisciplinar para o tratamento farmacolóxico do  queratocono, como alternativa aos actuais métodos clínicos invasivos publicado en 2021 na prestixiosa revista “ACS  Applied Interfaces  and  Materials”.

II PREMIO PERFECTO FEIJOO no que se recoñecen as iniciativas e actividades científicas, sanitarias ou culturáis, que durante o ano 2021 contribuísen a destacar a imaxe e a consideración social da farmacia galega. O premio consiste nun Diploma acreditativo e nun distintivo conmemorativo.

O xurado acordou, por unanimidade, conceder o Premio ao GRUPO ZENDAL en recoñecemento a todos os esforzos realizados para facer fronte á pandemia de COVID-19 desde as súas instalacións de Porriño e ao seu compromiso coa investigación no campo da biotecnoloxía, coa creación e patrocinio do Premio  International Zendal.

Previous article21 abril – Acto de ingreso da Dra. CARMEN Mª GARCÍA JARES como Académica Correspondente
Next article23 xuño – Acto de ingreso do Prof. Dr. ÁNGEL PENAS MERINO como Académico Correspondente