• O acto conmemorativo organizado pola RAFG, que poderá seguirse tamén en liña (https://www.youtube.com/watch?v=ObGULhDHYg4), inclúe a presentación de un libro sobre el científico referente del Rexionalismo galego, editado por el académico Francisco Díaz-Fierros Viqueira
  • O evento contará ademais con la intervención del doutor Antonio Isacio González Bueno, quen afondará en la figura de Carracido e a súa contribución á Farmacia Española

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2023.-A Real Academia de Farmacia de Galicia (RAFG) celebrará o vindeiro 25 de setembro o Día Mundial do Farmacéutico cun acto en el que se enxalzará a figura e o legado dun dos pioneiros da bioquímica en España, Xosé Rodríguez Carracido.

O evento terá lugar na sede da RAFG e incluirá a presentación do libro “Xosé Rodríguez Carracido. Científico referente do Rexionalismo galego”, editado polo doutor Francisco Díaz-Ferros Viqueira, quen tamén falará sobre as contribucións do farmacéutico compostelán e o seu papel dentro do movemento rexionalista. Unha figura na que profundará o académico numerario da Real Academia Nacional de Farmacia, Antonio Isacio González Bo, quen exporá o importante papel de Rodríguez Carracido dentro da Farmacia Española.

No acto, que terá lugar na sede da Real Academia de Farmacia de Galicia (no antigo hospital de San Roque) e que poderá seguirse online a través da seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ObGULhDHYg4, intervirán tamén o presidente da RAFG, o doutor Anxo Concheiro Nine e  o vicepresidente do Consello da Cultura Galega,  Xosé-Manoel Núñez Seixas, aos que acompañarán representantes do ámbito farmacéutico.

 Fortalecemento do sistema sanitario 

O 25 de setembro celébrase o Día Mundial do Farmacéutico, organizado pola Federación Internacional Farmacéutica, (FIP). A lema da edición deste ano é “Fortalecendo os sistemas sanitarios cos farmacéuticos”, co que os farmacéuticos de todo o mundo queren destacar o labor que desenvolven desde todos os seus ámbitos de actuación e que permite incrementar a capacidade asistencial do conxunto do sistema sanitario.

En España hai máis de 100.000 farmacéuticos que desenvolven a súa labor en múltiples áreas, todas elas relacionadas coa saúde humana, a saúde animal  e o medio ambiente.  que desenvolven o seu labor asistencial en múltiples áreas, todas elas relacionadas coa saúde, incluída a saúde animal, e en relación ao medio ambiente. Farmacéuticos que exercen en farmacia comunitaria, nas farmacias hospitalarias, os centros de investigación, as análises clínicas, a saúde pública, a industria e a distribución farmacéutica, a óptica e acústica, a alimentación, a dermofarmacia, a ortopedia ou a docencia; todos e cada un traballan por e para o paciente.

Organizacións de todo o mundo, entre elas a Real Academia de Farmacia de Galicia, súmanse cada ano a esta celebración co obxectivo de destacar o labor da profesión farmacéutica e compartilo entre outros cos pacientes, administracións, outros profesionais da saúde.

 

Previous articleDía Mundial do Farmacéutico
Next articleEntrevista ao presidente da RAFG, Ángel Concheiro: “A farmacia é un centro sanitario moi accesible e o máis cercano”