O xornal El Correo Galego entrevista hoxe, 25 de setembro, ao presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, Ángel Concheiro, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Farmacéutico. O profesor Concheiro destaca o papel do farmacéutico na nosa sociedade, así como o da RAFG como entidade comprometida na difusión da farmacia en todas as súas facetas e cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas. O presidente da Real Academia resalta tamén a figura do farmacéutico Xosé Rodríguez Carracido, a quen a RAFG homenaxea neste día, e a súa contribución ao impulso das ciencias e á introdución da bioquímica.

Para ler a entrevista completa facer clic aquí

Previous articleA REAL ACADEMIA DE FARMACIA DE GALICIA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DO FARMACÉUTICO, ENXALZANDO O LEGADO DE XOSÉ RODRÍGUEZ CARRACIDO
Next articleA RAFG PON EN VALOR A CONTRIBUCIÓN DOS FARMACÉUTICOS AO SISTEMA SANITARIO, RESALTANDO A FIGURA DUN DOS PIONEIROS DA BIOQUÍMICA EN ESPAÑA