• Terá lugar o próximo 3 de abril no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.
  • Os profesores da USC María Paz García Rubio, Julia Ammerman Yebra e Javier Lete Achirica abordarán nunha mesa de debate, organizada pola RAFG, desde o novo regulamento europeo en materia de Intelixencia Artificial até os cambios previsibles en materia de seguridade e responsabilidade por produtos, con especial atención a medicamentos.

O Salón de Graos da Facultade de Farmacia acollerá o próximo 3 de abril a mesa redonda “Cara a unha regulación europea da IA. Especial referencia á aplicación da Intelixencia Artificial no ámbito farmacéutico e sanitario”, organizada pola Real Academia de Farmacia de Galicia.

A actividade contará coa participación da profesora María Paz García Rubio, catedrática en Dereito Civil da USC, quen realizará unha presentación xeral sobre Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial aprobado recentemente. A Dra. García Rubio, con máis de 200 publicacións, foi pioneira no estudo de temas como a perspectiva de xénero no ámbito do dereito privado ou o uso da IA nos dereitos da personalidade (honra, intimidade, integridade física)  e os contratos relativos a estes.

O “Enfoque do Regulamento desde a protección dos dereitos humanos e en particular na súa relación coa saúde humana” é o título do relatorio da profesora Julia Ammerman Yebra, quen desenvolve na actualidade investigación e transferencia de resultados sobre a utilización da IA nos contratos dos actores de voz.

Por último, o profesor Javier Lete Achirica falará sobre “Cambios previsibles en materia de seguridade e responsabilidade por produtos, con especial atención a medicamentos e produtos similares”.  O profesor de Dereito Civil da USC investiga na actualidade sobre os novos retos da responsabilidade civil e como esta pódese ver afectada pola IA.

O doutor Manuel Puga Pereira, Académico de Número e presidente da sección III da RAFG, será o encargado de moderar este debate, que terá lugar o 3 de abril, ás 19:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia. O evento está aberto a todas as persoas interesadas ata completar aforamento.

INVITACIÓN EVENTO

 

Previous articleConvocatoria vacante Académico de Número
Next articleToma de Posesión Académico de Honra Dr. D. Antonios G. Mikos