Este martes 18 de abril de 2023 o presidente da Real Academia de Farmacia de Galicia, o. Excmo. Sr. D. Ángel Concheiro Nine tomou posesión como Académico Correspondente Institucional da Real Academia Nacional de Farmacia. No transcurso da sesión pública, Anxo Concheiro pronunciou a conferencia titulada “Medicamentos e produtos sanitarios intelixentes: Oportunidade ou quimera”. Durante este evento tamén tomou posesión como Académico Institucional o presidente da Real Academia de Farmacia de Cataluña quen falou sobre a “Alimentación especial para lactantes e nenos de pouca idade”. Ambos foron presentados polo presidente da RANF, Antonio L. Doadrio Villarejo.