10 outubro 2018
INVITACIÓN
SECCIÓN II DA ACADEMIA DE FARMACIA DE GALICIA
SESIÓN CIENTÍFICA: AVANCES EN BIOTECNOLOXÍA
MÉRCOLES 10 DE OUTUBRO DE 2018 ÁS 6 DA TARDE
SALÓN DE GRAOS DA FACULTADE DE FARMACIA EN SANTIAGO
PROGRAMA
– CRISPER E MODELOS DE PEZ CEBRA
Dra. Laura Sánchez Piñón. Catedrática de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela.
– ANÁLISE DE XENOMAS (NGS) E APLICACIONS
Dra. Beatriz Sobrino Rey. Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
A sesión rematará cun coloquio.
Moderadores: Académicos Dr. Ángel Carracedo Álvarez e Dr. Tomás González Villa.
RESUMEN SESIÓN CIENTÍFICA
A tecnoloxía CRISPR/ Cas9 é unha ferramenta molecular utilizada para “editar” ou “corrixir” o xenoma de calquera célula. Un símil sería entendela como unhas tesoiras moleculares que son capaces de cortar calquera molécula de ADN de maneira precisa e controlada. Esa capacidade de cortar o ADN é o que permite modificar a súa secuencia, eliminando ou inserindo novo ADN.
De maneira molecular podemos dicir que esta ferramenta poderase utilizar para regular a expresión xénica, etiquetar sitios específicos do xenoma en células vivas, identificar e modificar funcións de xenes e corrixir xenes defectuosos. Está a abrir por iso numerosas posibilidades terapéuticas.
Unha das principais aplicacións é crear modelos de animais para estudar enfermidades complexas como o autismo ou o cancro, e entender o funcionamento de xenes que aínda non sabemos se están relacionados coa enfermidade. Os modelos de peixe cebra están a mostrarse como ideais para entender numerosos problemas biolóxicos e xenes relacionados cos mesmos.
Doutra banda a secuenciación de nova xeración ou secuenciación paralela masiva está a revolucionar o diagnóstico xenético de enfermidades raras e a investigación biomédica. Ofrece posibilidades enormes en case todos os campos da biotecnoloxía, incluíndo o descubrimento de fármacos. A posibilidade de secuenciar (ler) xenomas completos en pouco tempo e a baixo custo permite este potencial que debe ir acompañado de capacidades bioinformáticas e de computación. Como un exemplo o Proxecto Xenoma Humano significou doce anos de esforzos de miles de investigadores de todo o mundo, e actualmente se secuencian a diario centos de xenomas humanos a un custo de menos dunha cenmilésima parte.