O investigador coruñés César de la Fuente Núñez tomará posesión como Académico Correspondiente da Real Academia de Farmacia de Galicia o próximo 22 de maio, nun acto que terá lugar na sede da RAFG no Antigo Hospital de San Roque, en Santiago de Compostela.

César de la Fuente Núñez é licenciado en Biotecnoloxía pola Universidade de León e doutor en microbioloxía e inmunoloxía pola University of British Columbia (Canadá). Realizou estancias de investigación e formación en destacados centros como o Massachusetts Institute of Technology -MIT- (Estados Unidos). Despois da súa etapa no MIT, é contratado na Universidade de Pennsylvania (UPenn), a institución na que segue traballando desde entón. Na actualidade, é profesor catedrático e lidera o Machine Biology Group da UPenn.

As investigacións do Dr. de la Fuente Núñez céntranse no uso Intelixencia Artificial para descubrir clases de antibióticos completamente novas que non compartan mecanismos de acción cos preexistentes.

En 2019, César de la Fuente foi recoñecido polo MIT Technology Review como unos dos innovadores máis importantes do mundo por “dixitalizar a evolución para crear antibióticos mellores”.

O acto poderá seguirse en directo na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=xAjCVFBnIsM

Invitación

Previous articleToma de Posesión Académico Correspondente Dr. D. César de la Fuente Núñez
Next articleCésar de la Fuente, o científico coruñés que usa a IA para crear antibióticos, ingresa na Real Academia de Farmacia de Galicia