
Mércoles, 26 de febreiro de 2020
RESUMO
Na conferencia, o Prof. Gestal presentou a última información existente sobre o axente etiológico ( SARS- CoV-2), a orixe e os aspectos epidemiolóxicos e preventivos desta enfermidade emerxente ( COVID-19). Detectada inicialmente en decembro de 2019, só un mes despois a OMS xa declarou a Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional. O Prof. Gestal fixo así mesmo un repaso das posibles fontes de infección animal e humana, os mecanismos de transmisión, comentando Os factores que inflúen na susceptibilidade para enfermar, aspectos clínicos e terapéuticos e principais medidas para a súa prevención e control. Un aspecto positivo relacionado coa enfermidade é a súa baixa mortalidade e que os síntomas clínicos non son severos na maioría de pacientes afectados, a diferenza
de enfermidades previas provocadas por outros coronavirus. Entre as conclusións o Prof. Gestal instou á tranquilidade da poboación, recalcando a baixa mortalidade e a previsión de que as medidas hixiénico-sanitarias e os protocolos postos en funcionamento polas autoridades sanitarias son perfectamente adecuados para a prevención, tratamento e recuperación dos pacientes afectados.